Árbores e Formacións Vexetais de España: Carballo, Aciñeira, Sobreira e Máis
Árbores e formacións vexetais da península
Carballo
O carballo non soporta veráns calorosos, ten menor tolerancia ao frío e esixe menos humidade que a faia, polo que se sitúa a altitudes máis baixas. O seu crecemento é lento. A súa madeira, dura, empréganse para a construción e para fabricar mobles e barcos. As áreas máis extensas do carballo atópanse en Galicia e na cordilleira Cantábrica.
Landa
É unha vexetación densa de matogueira cuxa altura pode ser baixa ou alcanzar os 4 m. As súas especies máis abundantes son o breixo, o toxo e a xesta. A landa aparece como dexradación do bosque caducifolio. Adoita usarse para cama de animais e logo como abono.
Aciñeira
É a árbore máis característica e estendida do clima mediterráneo. É resistente á seca e adáptase a todo tipo de solos. A súa madeira, moi dura e resistente, empregábase tradicionalmente para a elaboración de rodas, carpintaría exterior, utensilios e carbón, e o seu froito, a landra, para alimentar o gando. Os bosques de aciñeira mellor conservados atópanse en Serra Morena, Estremadura e Serra de Guadarrama.
Sobreira
Necesita invernos suaves, certa humidade (máis de 500 mm ao ano) e solos silíceos. A súa madeira, moi dura, aproveítase para a realización de toneis e barcos, e a súa codia, para a obtención de cortiza. Concéntrase no sueste peninsular, aínda que tamén hai outros sectores no sur de Andalucía (de Cádiz a Málaga), no nordeste de Cataluña e en Castellón.
Piñeiro
É unha formación vexetal secundaria que se adapta a condicións extremas de frío, calor, humidade e aridez, así como a solos diversos. Estendeuse por amplas zonas como resultado da intervención humana, que valora o seu rápido crecemento e o aproveitamento da súa resina e da súa madeira para a construción, a elaboración de mobles, o aglomerado e a pasta de papel.
Maquis
Formación arbustiva de máis de 2 metros, moi densa e case impenetrable. As súas especies principais son a xara, o breixo e a xesta.
Garriga
Formada por arbustos e matogueiras de pouca altura, que deixan algunhas zonas sen cubrir, onde aparece a rocha. Entre as súas especies destacan o tomiño, o romeu e a lavanda.
Estepa
Formada por herbas baixas, mesturadas con arbustos espiñentos, baixos e descontinuos, que deixan ao descuberto solos pobres. As súas especies principais son o palmito, o espartal e o espárrago.
Faia
Tolera mal o calor e moi ben o frío, esixe grande humidade, polo que é unha árbore de montaña, que se adapta a solos calcarios e silíceos, aínda que prefire os calcarios. O seu crecemento é bastante lento. A súa madeira, dura e de boa calidade, empréganse para mobles e utensilios.